A Historia do Folión

Hai casi dous mil anos a Terra de Celanova estaba habitada polo pobo dos coelernos, ata que as tropas romanas chegaron para quedarse. Mais parece, lonxe da visión romántica das loitas eternas, que nestas terras as cousas non foron tal, senón que, movidos por un interese común, chegouse a un entendemento pacífico, que fixo que romanos e coelernos convivisen en paz e acabasen formando unha soa comunidade.

Esta situación desmóstra a aparición, a comezos dos anos 70, da tabula hospitalis do Castromao, a antiga Coeliobriga, capital das ducias de castros que por toda a bisbarra ocupaba este pobo.

Este acontecemento é o que se conmemora, cada verán, no FOLIÓN CASTREXO de Celanova, co que se pretende, unha vez máis, unir, nun mesmo sentir, indíxenas e visitantes. Unha única comunidade, nun único espirito, para unha festa única. Sexas castrexo, romano, nativo ou foráneo, non deixes de vir e de disfrutar rememorando os primeiros tempos da nosa historia, acompañado dun bo xantar, dunha boa foliada e da millor animación musical.

A Historia do Castro