Cartel Gañador Folión Castrexo
Presentamos o cartel gañador da XIV edición do Folión Castrexo, unha mirada diferente e chea de sensibilidade sobre a nosa historia.
Esta obra pon o foco no momento central da celebración: o pacto. A través dunha representación simbólica e emotiva, o deseño capta o encontro entre dúas culturas —a castrexa e a romana—, fundidas nun instante de concordia e respecto mutuo. Unha imaxe con forza visual que nos lembra que o Folión é, por riba de todo, a unión dun pobo ao redor da súa identidade e da súa memoria.
O deseño, escollido mediante concurso aberto, será a imaxe oficial que nos acompañe durante toda a celebración. Moitas grazas a todas as persoas participantes polo seu talento e noraboa á autora por dar vida a esta visión tan especial.




