
É tempo de castrexa
O espírito dos antigos castrexos esperta unha vez máis para celebrar a nosa historia, a nosa cultura e o orgullo de pertencer a unha terra chea de lenda.


HISTORIA
Hai casi dous mil anos a Terra de Celanova estaba habitada polo pobo dos coelernos, ata que as tropas romanas chegaron para quedarse. Mais parece, lonxe da visión romántica das loitas eternas, que nestas terras as cousas non foron tal, senón que, movidos por un interese común, chegouse a un entendemento pacífico, que fixo que romanos e coelernos convivisen en paz e acabasen formando unha soa comunidade.
Tes dúbidas, propostas ou queres participar no Folión Castrexo?
Escríbenos, estaremos encantados de escoitarte!